Colexio Santa María La Blanca
A innovación no Colexio Santa María la Blanca
(Madrid) baséase no programa EBI (Educación Básica Interactiva) que
principalmente se centra no emprego das TIC, xa que cada estudante conta co seu propio ordenador; pero tamén na elaboración dunha
guía de aprendizaxe que substitúe aos exames e aos deberes tradicionais e na especificación das características da aprendizaxe
propia de cada estudante. En definitiva, neste centro o docente convértese nun
asesor ou guía, xa que se opta por personalizar e individualizar a ensinanza de
cada estudante de maneira que se logre acadar o máximo potencial de cada un, é
dicir, as tarefas que se propoñen son individuais e específicas a cada
estudante de maneira que sexa el mesmo quen marque os ritmos e quen desenvolva a súa propia
aprendizaxe. Polo tanto, neste centro trátase de ofrecer unha educación individualizada e personalizada, sobre todo en canto á práctica, que lles sirva de inicio para ser capaces de desenvolverse de maneira autónoma no seu futuro.
Con todo, esta visión da educación e do proceso de
ensino-aprendizaxe faime pensar sobre que significa realmente innovar: ata que
punto o feito de que cada un dos estudantes teña a súa propia ferramenta, como
ordenadores ou tablets, é innovador?
É isto realista? Podería levarse a cabo en todos os centros que dependan
unicamente dos fondos públicos? Está claro que non. Estes proxectos parecen
mostrar que para innovar precísase dunha gran inversión económica e, na miña
opinión, a verdadeira innovación é a que se leva a cabo sen que implique iso.
Non serve de nada proporcionar as últimas tecnoloxías se non se empregan de
maneira innovadora.
Ademais, este uso continuo das novas tecnoloxías tamén pode
dar lugar a carencias e problemas no coñecemento e emprego da ortografía, feito
que non é nada beneficioso para o alumnado. Así mesmo, considero que esa importancia que se lle outorga ás TIC deixa ao profesorado relevado, desvalorizando a súa labor e as súas capacidades.
Por último, considero que esta metodoloxía de autonomía case total por parte do alumnado non sempre será a máis adecuada, dependerá de cada estudante, xa que o alumnado encóntrase nunha das etapas máis conflictivas e confusas da súa vida, polo que relegarlle toda a responsabilidade sobre a súa aprendizaxe pode acabar en desastre en certos casos. Ademais, esta metodoloxía tampouco é a máis ideal para favorecer as relacións e interaccións entre o alumnado entre si e entre o alumnado e o profesorado.
Comentarios
Publicar un comentario