Emprego dos "EVA" na aula: QuizStar
Os EVA (Entornos Virtuais de Aprendizaxe) son espazos
creados con tecnoloxía electrónica onde se levan a cabo unha serie de
actividades de aprendizaxe nas que os participantes teñen acceso a unha gran
cantidade de actividades na rede. O principal obxectivo destes espazos é favorecer
a participación, mediante a potenciación da comunicación entre os
participantes, da interacción social e da construción compartida de
significados.
Neste sentido, unha vez analizados os diferentes exemplos
de EVA que se nos presentan decidín que no meu caso, tendo en conta que este
blog está dirixido a un alumnado de 2º da ESO, realizaría unha actividade coa
ferramenta QuizStar.
QuizStar é un ferramenta que permite crear probas cortas
en liña: preguntas de verdadeiro/falso; resposta múltiple; ou
resposta corta. No meu caso, empregaríaa como método de repaso do aprendido por
parte do alumnado. Durante un trimestre, ao final de cada semana crearía unha
proba corta que sirva de repaso do ensinado durante esa semana; polo tanto,
empregaríaa como unha alternativa aos deberes tradicionais.
Por un lado, o alumnado deberá realizar a proba e poderá
autocorrixirse, de maneira que aprenda dos seus erros e adquira os conceptos e os contidos esperados. Por outro lado, o profesorado poderá obter unha visión
individualizada do proceso de ensino-aprendizaxe de cada estudante. O emprego
destas plataformas en liña en lugar dos métodos tradicionais incrementa a
motivación do alumnado, xa que permite unha aprendizaxe máis amena e dinámica.
Comentarios
Publicar un comentario